O demo na cultura popular galega: En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares: abelurio, cachán, cachano, cachizo, demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como o diaño burleiro), démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio (e zucio), tardo, trasgo e trasno. Tamén se lle denomina mediante nomes propios, como Donai (que pode proceder de Adonai, un dos nomes que recibe Deus na Biblia, Leonardo, Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico, ou Xuncras (posible contaminación con Xudas). Tamén existen denominacións eufemísticas coas que se pretende evitar pronunciar o seu nome, por se o demo o puidese interpretar como que se lle invoca: o Cornudo, o Escuro, o das botas, o das zapatillas, o dos dentes longos, o Nemigo, o Pecado, o Rabudo, Papá Xarriña. Resulta común referirse a el como Arrenegado sexa! E, finalmente, tamén se utilizan as denominacións literarias máis clásicas, como Belcebú, Luzbel e Lucifer (que resplandece), Satán ou Satanás.
O demo pretende levar ós homes ó pecado e, como consecuencia, ó inferno, e para iso recorre a calquera tentación que poida serlle útil e en calquera momento, porque, lémbrese, "O demo nunca ten sono". Por isto tamén se di que está detrás de calquera desgraza que aconteza á xente, ó gando ou ás leiras (enfermidades, incendios, andazos no gando, treboadas etc.) e incluso detrás de pequenos contratempos como perder algunha cousa ou que se rompa unha peza da vaixela. Nestes casos, pode suceder que quen os sufra perda a paciencia e renegue ou maldiza, pecando. Finalmente, outro momento no que xente maior adoita amentalo pode ser ó observar novas tecnoloxías ("Sonche cousas do demo").
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 164 594 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 482 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.